OS PEKES DE PARAMOS
jueves, 29 de junio de 2017
FINN DE CURSO DE PARAMOS
ESTE ANO TIVEMOS UN FIN DE CURSO MOI ESPECIAL, GRACIAS A FAMILIAS MOI ESPECIALES.
ACÁBASE UNHA ETAPA, POSTO QUE A ESCOLA DE PARAMOS PECHA E TAMÉN CON ISTO DESPIDO ESTE BLOG.
DAME MOITA PENA E TRISTURA ABANDONAR ESTA ESCOLAR DESPOIS DE 10 ANOS, PERO GRACIAS A ESTE GRAN FINAL VOUME SATISFEITA E AGRADECIDA.
SEMPRE LEVAREI NO MEU CORAZÓN ESTA ESCOLA E OS MOMENTOS QUE VIVÍN NELA.
FOI UN DÍA MOI EMOTIVO, CHEGO DE CHOROS, DE ALEGRÍAS, DE COMPARTIR, ACHUCHAR, AGRADECER... NAS FOTOS VEREDES UN RESUMO: UNHA FESTA SORPRESA, BAILES, REGALOS, DIPLOMAS, OBRA DE TEATRO...
GRACIAS,GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS,GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS
FIN DE CURSO DO CRA
CELEBRAMOS CON TODOS OS COLES O FIN DE CURSO ONDE VEU PEPE CARREIRO A FACER UN DEBUXO, RECIBIMOS UN DIPLOMA OS NENOS QUE IMOS A PRIMARIA E XOGAMOS MOITO NO PARQUE, FACENDO POMPAS E NA AUGA. UN DÍA XENIAL E MOI DIVERTIDO.
VÁMONOS DE PISCINA
NESOS DÍAS DE TANTA CALOR UNHA NAI COA SÚA GRAN VOLUNTADE, INVITOUNOS A SÚA CASA E DISFRUTAR DA PISCINA DE VERA, A SÚA FILLA.
DENDE AQUÍ MOITAS GRACIAS PAULA POR FACER DESE DÍA UN DÍA DE DESFRUTE, DIVERSIÓN, EMOCIÓN E LEDICIA. PASÁMOLO EN GRANDE.
OS NENOS MERENDARON, XOGARON, BAÑÁRONSE, FIXEMOS GUERRA DE GLOBOS, GUERRA DE PISTOLAS E ESTIVEMOS TODOS EN FAMILIA. FOI GRANDIOSO.
PORTADAS E FIN DO PROXECTO
DESPOIS DE VISIONAR TODOS OS VÍDEOS E DE VER OS DIFERENTES LIBROS DEMOS POR TERMINADO O NOSO PROXECTO DANDO RESPOSTA A TODAS AS NOSAS DÚBIDAS E PREGUNTAS.
DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS E O QUE MAIS NOS GUSTOU FOI VER NACER CABALIÑOS DE MAR E O BAILE QUE FAN A NAI E O PAI.
PARA REMATAR FIXEMSO UNHAS LINDAS PORTADAS EN VARIOS DÍAS E LEVAMOS O NOSO LIBRO RESUMO PARA CASA NUNHAS BOLSAS TAMÉN MOI CHULIS QUE CONFECIONAMOS.
PÓSTER COOPERATIVO CABALIÑO DE MAR
POR SUXERENCIA DUNHA COMPI QUE ME DEU A COÑECER UN PROGRAMA: POSTERÍZATE FIXEMOS ESTE FERMOSO PUZLE OU PÓSTER DUN CABALIÑO DE MAR.
CONSISTIU EN PINTAR DE MOITAS CORES DE FORMA LIBRE E CREATIVA.
DESPOIS XÚNTANSE TODAS AS FOTOS E O RESULTADO É ESPECTACULAR.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)