jueves, 22 de diciembre de 2016
FESTIVAL DE NADAL
O CRA CELEBRAMOS TODOS XUNTOS O NADAL FACENDO UN FESTIVAL. A NOSA AULA FIXO A PANXOLIÑA DO BURRITO SABANERO.
POIDEMOS VER AS ACTUACIÓNS DE OUTRAS AULAS, UN MINI CONCERTO, TOMAMOS AS BOLIÑAS (UVAS) COAS CAMPANAS E POR ÚLTIMO DISFRUTAMOS DUN CHOCOLATE QUENTE E XOGO LIBRE.
TALLER DE COCIÑA: BOLIÑAS DE NADAL
PARA REMATAR O TRIMESTRE FIXEMOS UN PEQUENO TALLER DE COCIÑA.
FIXEMOS UNAS BOLIÑAS DE CHOCOLATE ONDE TRITURAMOS GALLETAS, MEZCLAMOS CON LEITE CONDENSADA E POR ÚLTIMO FIXEMOS AS BOLIÑAS REBOZÁNDOAS EN CHOCOLATE.
PASÁMOLO XENIAL
VISITA DO APALPADOR
NESTES ÚLTIMOS DÍAS DE NADAL TIVEMOS A VISITA DO APALPADOR QUE NOS TROUXO UN REGALÍN E COMPROBOU QUE AS NOSAS BARRIGAS ESTABAN CHEAS.
miércoles, 14 de diciembre de 2016
POSTALES DE NADAL
CHEGOU O NADAL E ADICÁMOSLLE ESTOS DÍAS A FACER DIFERENTES MANUALIDADES E COMO NON A FACER UNHA FERMOSA POSTAL PARA FELICITAR O NADAL.
FIN DO PROXECTO: OS PINTORES DE PARAMOS
UNHA DAS PROPOSTAS FEITAS POLOS NENOS, FOI FACER O DISFRAZ DE PINTOR. DE MODO, QUE Ó LONGO DO PROXECTO CON MOITA PACIENCIA E TRABALLO E FUMOS CONFECCIONANDOO E QUEDAMOS TODOS GUAPÍSIMOS.
CON ESTO DAMOS POR REMATADO O NOSO PROXECTO, QUE ANQUE PODERÍA SEGUIR ESTÁBAMOS CANSADOS E DECIDIMOS CAMBIAR.
AUTORRRETRATO
XA NOS ÚLTIMOS DÍAS DE NOVEMBRO PARA REMATAR O PROXECTO FIXERON EN LIENZOS, REGALADOS POLA NAI DE BORJA, UNS AUTORRETRATOS QUE QUEDARON MOI BEN E FORON FRUTO DE TODO O APRENDIDO.
miércoles, 30 de noviembre de 2016
TALLER DE BARRO
TIÑALLES PROMETIDO FACER UN TALLER DE BARRO DESPOIS DA VISITA Á CASA DO ESCULTOR SILVERIO RIVAS E POR FIN O FIXEMOS.
DÉMONOS CONTA DE QUE CUSTA BASTANTE MANEXAR O BARRO, É DIFICIL DE CONTROLAR, MANCHA BASTANTE... PERO AÍNDA ASÍ DISFRUTAMOS DA ACTIVIDADE E ATA LLE PUXEMOS NOME AS NOSAS ESCULTURAS.
BORJA: MURO
ZAIRA: PUENTE
HUGO: SOFÁ CON TELE
VERA: REGALO DE NAVIDAD
GABRIEL: PULPO
CELIA: LAZO
ALBA LAGO: CARITA SONRIENTE
VASOS E SUMAS CON PINCEIS
ESTOS DIAS COMENZAMOS XOGOS CON VASOS DE PLÁSTICOS, UN DELES PARA RELACIONALOS COS PINTORES E CO PROXECTO FOI FACER SUMAS CON ELES.
CONSISTÍA EN METER PINCEIS SEGUNDO INDICABA O NÚMERO E DESPOIS SUMAR OS PINCEIS DOS DOUS VASOS.
TRABALLANDO EN EQUIPO
SEGUIMOS CON KANDINSKY E REPRODUCIMOS UN DOS SEUS CADROS MAIS FAMOSOS.
FOI UN TRABALLO DURO PERO Ó FACELO POR EQUIPOS RESULTOUNOS MAIS DOADO.
PRIMEIRO RECORTAMOS CÍRCULO E CADRADOS DE DIFERENTES TAMAÑOS; DESPOIS CLASIFICÁMOLOS E POR ÚLTIMO PEGÁMOLOS COMO MAIS NOS GUSTABA TENDO EN CONTA OS TAMAÑOS.
QUEDARON PRECIOSOS
KANDINSKY, TODO CREATIVIDADE
ESTIVEMOS ESTUDANDO Á KANDINSKY, VIMOS VÍDEOS, VARIOS CADROS, OBSERVAMOS QUE EMPREGA NOS SEUS CADROS, CÓMO PINTABA ANTES ETC
DESPOIS PROPÚXENLLES FACER CADROS COMA EL EMPREGANDO DISTINTOS ELEMENTOS COMO PALILLOS, FIGURAS GEOMÉTRICAS...
ESTE FOI O RESULTADO MOI CREATIVO E DIVERTIDO. DESPOIS PLASMÁRONO EN PAPEL E QUEDARON UNS CADROS PRECIOSOS. (TRABALLANDO SEN QUE ELES SE DERAN CONTA AS LÍNEAS RECTAS, CURVAS E AS FIGURAS GEOMÉTRICAS)
miércoles, 16 de noviembre de 2016
GRAFISMO 2
SEGUNDA SESIÓN DE GRAFISMO. ESTA VEZ CO CADRADO. UN EXERCICIO DE MOTRICIDADE E CONCENTRACIÓN. (COMO VOS DIXEN NA OCASIÓN ANTERIOR, IDEAS SACADAS DO BLOG DE MIREN PARDO E GRAFISMEICREATIVITAD).
OS NENOS DISFRUTARON E ENCANTOULLES O RESULTADO. A MIN COMO PROFE GUSTOUME O MOMENTO DE CONCENTRACIÓN, UN POUCO DE SILENCIO E AS SÚAS CARAS O VER O BONITO QUE LLES ESTABA QUEDANDO.
EL ÁRBOL DE LA VIDA
DESDE QUE COMEZAMOS O PROXECTO DOS PINTORES E VISIONAMOS ESTE CADRO DECIDIMOS FACELO EN GRANDE E PINTALO POUCO A POUCO ENTRE TODOS (PARECÍANOS UNHA ÁRBORE DO OUTONO). CON MOITA PACIENCIA E COIDADO E DURANTE MOITOS DÍAS CONSEGUIMOS FACER ESTE CADRO FERMOSO.
FRUTOS DO OUTONO
ESTE ANO COMO SOMOS MOI MAIORES XA NON ESTUDAMOS MOITO DO OUTONO, PERO TRUDI (A NOSA MASCOTA) REGALOUNOS UNHA SESIÓN DE DEGUSTACIÓN DE FRUTOS TÍPICOS DE ESTA ÉPOCA PARA COÑECELOS TODOS.
PARA FINALIZAR A ACTIVIDADE FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE COLECTIVA MOI SINXELA: UNHA CESTA COS DEBUXOS DOS FRUTOS E ESCRIBIMOS O SEU NOME (ANQUE NA FOTO NON SE APRECIA).
O QUE MAIS NOS GUSTOU FORON AS NOCES, AGORA QUEREMOS FACER UN BISCOITO DE NOCES;)
miércoles, 9 de noviembre de 2016
GRAFISMO
OBSRVANDO DIFERENTES BLOGS, DESCUBRIN COMO REALIZAR ACTIVIDADES DE GRAFISMO DUNHA MANEIRA MAIS CREATIVA E DIVERTIDA.
APROVEITANDO QUE ESTAMOS CO PROXECTO DOS PINTORES E OS RESULTADOS SON COMA CADROS EMPEZAMOS DIFERENTES SESIÓNS.
ESTA É A PRIMEIRA.
ESTEAS ACTIVIDADES SON SACADAS DO BLOG DE MIREN PARDO E DO BLOG GRAFISME E CREATIVITAT.
PINTAMOS CON CANICAS
ESTAMOS OBSERVANDO DIFERENTES CADROS, NELES PODEMOS VER QUE UNS SON REALISTAS E OUTROS COMO DIN ELES "PINTAN RARO" SON MAIS ABSTRACTO.
FÍXENLLES UNHA PROPOSTA DE REALIZAR UN CADRO ABSTRACTO CON CANICAS E CLARO RESULTOU SER UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDÍSIMA. FIXÉMOLO ENTRE TODOS, AGORA QUEDA FACER UN CADA UN CAS CORES DESEXADAS.
O RESULTADO PARA MIN É PRECIOSO.
TÉCNICA: ESTAMPACIÓN
CO PROXECTO DOS PINTORES A PARTE DE VISIONAR E INVESTIGAR SOBRE ALGÚN PINTOR TAMÉN INTENTAMOS FACER DIFERENTES TÉCNICAS QUE VEN NUN DOS LIBROS APORTADOS POLOS NENOS. NESTE CASO A ESTAMPACIÓN DE FOLLAS.
CON ELO FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DE CREATIVIDADE E MOTRICIDADE. ESTAMPAMOS FOLLAS ELEXIDAS POR ELES DO PATIO E DESPOIS COMPLETAMOS O DEBUXO LIBREMENTE. A MAIORÍA FIXO FLORES.
MAGOSTO E SAMAÍN
O PASADO VENRES CELEBRAMOS NO CRA A FESTA DO MAGOSTO E DE SAMAÍN.
FIXEMOS DIVERSOS XOGOS RELACIONADOS CO MAGOSTO, FUMOS DISFRAZADOS E POR ÚLTIMO DEGUSTAMOS UNHAS RICAS CASTAÑAS E BAILAMOS Ó SON DE MÚSICA GALEGA.
miércoles, 26 de octubre de 2016
PARABÉNS VERA
HOXE VERA CUMPRIU 5 ANOS E FAI UN MES TIVO UN IRMÁN, A LUCAS. APROVEITAMOS PRA CELEBRAR TODO XUNTO CUNHA FESTA, PARA COÑECER A LUCAS E DARLLE UN AGASALLO REALIZADO POLOS PEQUES CON MOITO AMOR.
O REGALO Ó ESTUDAR OS PINTORES FOI UN CADRO PARA A SÚA HABITACIÓN.
DENDE AQUI FELICIDADES VERA, DA GUSTO VER COMO TE VAS FACENDO MAIOR.
PES FANTASMAS
UNHA ACTIVIDADE QUE O ANO PASADO LLES ENCANTOU FOI FACER UN PINGÜIN COS PÉS, ENTÓN REPETÍMOLO EN SAMAÍN PARA FACER UNS FANTASMAS.
ESTE ANO Ó NON TER APOIO TIVEN A AXUDA DAS FAMILIAS, DENDE AQUÍ MOITAS GRAZAS.
SEMANA DO SAMAÍN
ESTA SEMANA ADICÁMOSLLO Ó SAMAÍN E ESTAMOS METIDOS DE CHEO CONFECCIONANDO DIFERENTES MANUALIDADES.
CON ESTAS MANUALIDADES TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA EMPREGANDO AS TESOIRAS. COMO VEDES FIXEMOS UNHAS CABAZAS PARA ASUSTAR CON PLATOS DE CARTÓN E UNHA ARAÑAS PARA A NOSA CABEZA. AGORA DAMOS MEDO JE JE JE.
XOGAMOS COAS LETRAS
A MAIORÍA DO ALUMNADO É DE 5 ANOS E ESTÁ MOTIVADO COA LECTURA, POR ISO PEDÍRONME "PALABRITAS PARA LEER". PREPAREILLES PALABRAS RELACIONADAS CO PROXECTO DE MANEIRA QUE HAI QUE UNIR FOTO-ESCRITURA; VER POR QUE LETRA COMEZA, ESCRIBIR AS PALABRAS... AGORA PEDÍRONME MAIS JE JE JE.
O ESCULTOR SILVERIO RIVAS DE PARAMOS
RELACIONADO CO PROXECTO RECIBIMOS UNHA INVITACIÓN DUN ESCULTOR QUE VIVE EN PARAMOS E QUE REALIZOU MOITAS DAS ESCULTURAS QUE HAI EN VIGO.
FOI UNHA VISITA MOI GRATIFICANTE POSTO QUE SILVERIO E A SÚA DONA ODIL, FIXERONNOS PASAR UN RATO INOLVIDABLE ENSINÁNDONOS TODO, TOCANDO TODO, VIVINDO AS ESCULTURAS, OBSERVANDO CÓMO TRABALLA, EXPERIMENTANDO CON BARRO E ESCOILA. UNHA EXPERIENCIA CHULÍSIMA E INOLVIDABLE.
DENDE AQUÍ GRACIAS POR RECIBIRNOS CON TANTO AMOR, CARIÑO E AGARIMO.
MIRO
ESTIVEMOS ESTUDANDO A MIRÓ, POSTO QUE UNHA NENA TROUXO UN LIBRO QUE FALABA DEL E DE COMO DEBUXABA. VIMOS E OBSERVAMOS OS SEUS CADROS, AS CORES QUE EMPREGABA, ELEMENTOS QUE EMPREGA COMO AS ESTRELAS, LÚAS, CÍRCULOS, OLLOS ETC E FIXEMOS ENTRE TODOS UN CADRO DEL E PUXÉMOSLLE UN NOME. QUEDOU MOI BONITO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)