miércoles, 26 de octubre de 2016
PARABÉNS VERA
HOXE VERA CUMPRIU 5 ANOS E FAI UN MES TIVO UN IRMÁN, A LUCAS. APROVEITAMOS PRA CELEBRAR TODO XUNTO CUNHA FESTA, PARA COÑECER A LUCAS E DARLLE UN AGASALLO REALIZADO POLOS PEQUES CON MOITO AMOR.
O REGALO Ó ESTUDAR OS PINTORES FOI UN CADRO PARA A SÚA HABITACIÓN.
DENDE AQUI FELICIDADES VERA, DA GUSTO VER COMO TE VAS FACENDO MAIOR.
PES FANTASMAS
UNHA ACTIVIDADE QUE O ANO PASADO LLES ENCANTOU FOI FACER UN PINGÜIN COS PÉS, ENTÓN REPETÍMOLO EN SAMAÍN PARA FACER UNS FANTASMAS.
ESTE ANO Ó NON TER APOIO TIVEN A AXUDA DAS FAMILIAS, DENDE AQUÍ MOITAS GRAZAS.
SEMANA DO SAMAÍN
ESTA SEMANA ADICÁMOSLLO Ó SAMAÍN E ESTAMOS METIDOS DE CHEO CONFECCIONANDO DIFERENTES MANUALIDADES.
CON ESTAS MANUALIDADES TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA EMPREGANDO AS TESOIRAS. COMO VEDES FIXEMOS UNHAS CABAZAS PARA ASUSTAR CON PLATOS DE CARTÓN E UNHA ARAÑAS PARA A NOSA CABEZA. AGORA DAMOS MEDO JE JE JE.
XOGAMOS COAS LETRAS
A MAIORÍA DO ALUMNADO É DE 5 ANOS E ESTÁ MOTIVADO COA LECTURA, POR ISO PEDÍRONME "PALABRITAS PARA LEER". PREPAREILLES PALABRAS RELACIONADAS CO PROXECTO DE MANEIRA QUE HAI QUE UNIR FOTO-ESCRITURA; VER POR QUE LETRA COMEZA, ESCRIBIR AS PALABRAS... AGORA PEDÍRONME MAIS JE JE JE.
O ESCULTOR SILVERIO RIVAS DE PARAMOS
RELACIONADO CO PROXECTO RECIBIMOS UNHA INVITACIÓN DUN ESCULTOR QUE VIVE EN PARAMOS E QUE REALIZOU MOITAS DAS ESCULTURAS QUE HAI EN VIGO.
FOI UNHA VISITA MOI GRATIFICANTE POSTO QUE SILVERIO E A SÚA DONA ODIL, FIXERONNOS PASAR UN RATO INOLVIDABLE ENSINÁNDONOS TODO, TOCANDO TODO, VIVINDO AS ESCULTURAS, OBSERVANDO CÓMO TRABALLA, EXPERIMENTANDO CON BARRO E ESCOILA. UNHA EXPERIENCIA CHULÍSIMA E INOLVIDABLE.
DENDE AQUÍ GRACIAS POR RECIBIRNOS CON TANTO AMOR, CARIÑO E AGARIMO.
MIRO
ESTIVEMOS ESTUDANDO A MIRÓ, POSTO QUE UNHA NENA TROUXO UN LIBRO QUE FALABA DEL E DE COMO DEBUXABA. VIMOS E OBSERVAMOS OS SEUS CADROS, AS CORES QUE EMPREGABA, ELEMENTOS QUE EMPREGA COMO AS ESTRELAS, LÚAS, CÍRCULOS, OLLOS ETC E FIXEMOS ENTRE TODOS UN CADRO DEL E PUXÉMOSLLE UN NOME. QUEDOU MOI BONITO.
AS CORES
CON ESTE PROXECTO CONTAMOS O CONTO DE PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO, POLO CAL SURXIU O TEMA DA MEZCLA DE CORES, E QUE MELLOR QUE EXPERIMENTALO E VIVILO PARA APRENDELO.
FOI UNHA SESIÓN MOI DIVERTIDA E ONDE DESFRUTARON UN MONTÓN ADEMAIS DE APRENDER QUE COLOR SE MEZCLA CON OUTRO PARA QUE SAIA OUTRO.
BROCHA E PINCEL
FACENDO USO DO MATERIAL DOS PINTORES ESTIVEMOS VENDO QUE HAI PINCEIS DIFERENTES: UNS LONGO, OUTOR CURTOS, GORDOS, DELGADOS... E FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DE SERIACIÓN POR PARELLAS ONDE A CONSIGNA ERA EMPREGAR A BROCHA E O PINCEL E FACER UNHA SERIE: UNHA LIÑA GROSA E DÚAS FINAS.
NESTA ACTIVIDADE TRABALLAMOS MOITOS CONCEPTOS: TRAZO, SERIACIÓN, CONCEPTOS...
QUE USAN OS PINTORES?
OS NENOS E NENAS APORTARON DIVERSO MATERIAL. UNHA DAS PREGUNTAS DO PANEL DE INVESTIGACIÓN É QUE USAN OS PINTORES, AS SÚAS FERRAMENTAS.
PARA ELO FIXEMOS UN XOGO QUE LLES GUSTOU MOITO, CONSISTIU EN VER COMO É O MATERIAL, NOMEALO E DESPOIS ESCONDER ALGUNHA COUSA QUE ANTERIORMENTE TIÑAN QUE ADIVIÑAR. UN XOGO DE MEMORIA E DE BÚSQUEDA CO CAL APRENDERON TODO O VOCABULARIO: LENZO, ACUARELA, PINCEL, BROCHA, CABALETE...
NOVO PROXECTO
COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO: OS PINTORES. ANQUE É UN PROXECTO MOI AMPLO IREMOS ESTUDANDO SEGUNDO OS INTERESES DOS NENOS E CENTRÁREMONOS NALGÚN PINTOR EN CONCRETO.
AQUÍ LEVARON UNHA BROCHA PARA CASA PARA TRAER INFORMACIÓN Á ESCOLA.
BENVIDOS O CURSO 2016,2017
BENVIDOS Ó NOVO CURSO. ESTE ANO SOMOS MOI POUCOS E NON TEMOS NENOS DE 3 ANOS.
OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE XOGAMOS MOITO E DECORAMOS A NOSA PORTA, FIXEMOS UNHAS VARIÑAS MÁXICAS CON POESÍAS QUE NOS REGALOU A NOSA PROFE COS NOSOS NOMES QUE NOS GUSTARON MOITO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)