miércoles, 30 de noviembre de 2016
TALLER DE BARRO
TIÑALLES PROMETIDO FACER UN TALLER DE BARRO DESPOIS DA VISITA Á CASA DO ESCULTOR SILVERIO RIVAS E POR FIN O FIXEMOS.
DÉMONOS CONTA DE QUE CUSTA BASTANTE MANEXAR O BARRO, É DIFICIL DE CONTROLAR, MANCHA BASTANTE... PERO AÍNDA ASÍ DISFRUTAMOS DA ACTIVIDADE E ATA LLE PUXEMOS NOME AS NOSAS ESCULTURAS.
BORJA: MURO
ZAIRA: PUENTE
HUGO: SOFÁ CON TELE
VERA: REGALO DE NAVIDAD
GABRIEL: PULPO
CELIA: LAZO
ALBA LAGO: CARITA SONRIENTE
VASOS E SUMAS CON PINCEIS
ESTOS DIAS COMENZAMOS XOGOS CON VASOS DE PLÁSTICOS, UN DELES PARA RELACIONALOS COS PINTORES E CO PROXECTO FOI FACER SUMAS CON ELES.
CONSISTÍA EN METER PINCEIS SEGUNDO INDICABA O NÚMERO E DESPOIS SUMAR OS PINCEIS DOS DOUS VASOS.
TRABALLANDO EN EQUIPO
SEGUIMOS CON KANDINSKY E REPRODUCIMOS UN DOS SEUS CADROS MAIS FAMOSOS.
FOI UN TRABALLO DURO PERO Ó FACELO POR EQUIPOS RESULTOUNOS MAIS DOADO.
PRIMEIRO RECORTAMOS CÍRCULO E CADRADOS DE DIFERENTES TAMAÑOS; DESPOIS CLASIFICÁMOLOS E POR ÚLTIMO PEGÁMOLOS COMO MAIS NOS GUSTABA TENDO EN CONTA OS TAMAÑOS.
QUEDARON PRECIOSOS
KANDINSKY, TODO CREATIVIDADE
ESTIVEMOS ESTUDANDO Á KANDINSKY, VIMOS VÍDEOS, VARIOS CADROS, OBSERVAMOS QUE EMPREGA NOS SEUS CADROS, CÓMO PINTABA ANTES ETC
DESPOIS PROPÚXENLLES FACER CADROS COMA EL EMPREGANDO DISTINTOS ELEMENTOS COMO PALILLOS, FIGURAS GEOMÉTRICAS...
ESTE FOI O RESULTADO MOI CREATIVO E DIVERTIDO. DESPOIS PLASMÁRONO EN PAPEL E QUEDARON UNS CADROS PRECIOSOS. (TRABALLANDO SEN QUE ELES SE DERAN CONTA AS LÍNEAS RECTAS, CURVAS E AS FIGURAS GEOMÉTRICAS)
miércoles, 16 de noviembre de 2016
GRAFISMO 2
SEGUNDA SESIÓN DE GRAFISMO. ESTA VEZ CO CADRADO. UN EXERCICIO DE MOTRICIDADE E CONCENTRACIÓN. (COMO VOS DIXEN NA OCASIÓN ANTERIOR, IDEAS SACADAS DO BLOG DE MIREN PARDO E GRAFISMEICREATIVITAD).
OS NENOS DISFRUTARON E ENCANTOULLES O RESULTADO. A MIN COMO PROFE GUSTOUME O MOMENTO DE CONCENTRACIÓN, UN POUCO DE SILENCIO E AS SÚAS CARAS O VER O BONITO QUE LLES ESTABA QUEDANDO.
EL ÁRBOL DE LA VIDA
DESDE QUE COMEZAMOS O PROXECTO DOS PINTORES E VISIONAMOS ESTE CADRO DECIDIMOS FACELO EN GRANDE E PINTALO POUCO A POUCO ENTRE TODOS (PARECÍANOS UNHA ÁRBORE DO OUTONO). CON MOITA PACIENCIA E COIDADO E DURANTE MOITOS DÍAS CONSEGUIMOS FACER ESTE CADRO FERMOSO.
FRUTOS DO OUTONO
ESTE ANO COMO SOMOS MOI MAIORES XA NON ESTUDAMOS MOITO DO OUTONO, PERO TRUDI (A NOSA MASCOTA) REGALOUNOS UNHA SESIÓN DE DEGUSTACIÓN DE FRUTOS TÍPICOS DE ESTA ÉPOCA PARA COÑECELOS TODOS.
PARA FINALIZAR A ACTIVIDADE FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE COLECTIVA MOI SINXELA: UNHA CESTA COS DEBUXOS DOS FRUTOS E ESCRIBIMOS O SEU NOME (ANQUE NA FOTO NON SE APRECIA).
O QUE MAIS NOS GUSTOU FORON AS NOCES, AGORA QUEREMOS FACER UN BISCOITO DE NOCES;)
miércoles, 9 de noviembre de 2016
GRAFISMO
OBSRVANDO DIFERENTES BLOGS, DESCUBRIN COMO REALIZAR ACTIVIDADES DE GRAFISMO DUNHA MANEIRA MAIS CREATIVA E DIVERTIDA.
APROVEITANDO QUE ESTAMOS CO PROXECTO DOS PINTORES E OS RESULTADOS SON COMA CADROS EMPEZAMOS DIFERENTES SESIÓNS.
ESTA É A PRIMEIRA.
ESTEAS ACTIVIDADES SON SACADAS DO BLOG DE MIREN PARDO E DO BLOG GRAFISME E CREATIVITAT.
PINTAMOS CON CANICAS
ESTAMOS OBSERVANDO DIFERENTES CADROS, NELES PODEMOS VER QUE UNS SON REALISTAS E OUTROS COMO DIN ELES "PINTAN RARO" SON MAIS ABSTRACTO.
FÍXENLLES UNHA PROPOSTA DE REALIZAR UN CADRO ABSTRACTO CON CANICAS E CLARO RESULTOU SER UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDÍSIMA. FIXÉMOLO ENTRE TODOS, AGORA QUEDA FACER UN CADA UN CAS CORES DESEXADAS.
O RESULTADO PARA MIN É PRECIOSO.
TÉCNICA: ESTAMPACIÓN
CO PROXECTO DOS PINTORES A PARTE DE VISIONAR E INVESTIGAR SOBRE ALGÚN PINTOR TAMÉN INTENTAMOS FACER DIFERENTES TÉCNICAS QUE VEN NUN DOS LIBROS APORTADOS POLOS NENOS. NESTE CASO A ESTAMPACIÓN DE FOLLAS.
CON ELO FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DE CREATIVIDADE E MOTRICIDADE. ESTAMPAMOS FOLLAS ELEXIDAS POR ELES DO PATIO E DESPOIS COMPLETAMOS O DEBUXO LIBREMENTE. A MAIORÍA FIXO FLORES.
MAGOSTO E SAMAÍN
O PASADO VENRES CELEBRAMOS NO CRA A FESTA DO MAGOSTO E DE SAMAÍN.
FIXEMOS DIVERSOS XOGOS RELACIONADOS CO MAGOSTO, FUMOS DISFRAZADOS E POR ÚLTIMO DEGUSTAMOS UNHAS RICAS CASTAÑAS E BAILAMOS Ó SON DE MÚSICA GALEGA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)