PARA ESTE DÍA TAN IMPORTANTE EN GALICIA, FIXEMOS DIFERENTES ACTIVIDADES PARA QUE OS NENOS COÑECERAN O HOMENAXEADO E AS SÚAS OBRAS MAIS IMPORTANTES.
LEÍNLLES OS LIBROS DE LOLO E A BICICLETA E O CAPÍTULO DA GALIÑA AZUL. DESPOIS FIXEN TRES TALLERES.
1. UN PUZZLE DE CARLOS CASARES.
2. ROBÓTICA. COA AXUDA DO NOSO ROBOT MONTEI UN TABOLEIRO ONDE TIÑAN QUE BUSCAR A CORRESPONDENCIA, OU BEN EN PALABRA OU FOTO, DO QUE LLES TOCARA NO DADO E LEVAR O ROBOT POLO CAMIÑO CORRECTO.
3. UNHA MANUALIDADE: UNHA GALIÑA AZUL QUE LEVAMOS PARA A CASA.
jueves, 18 de mayo de 2017
DÍA DA FAMILIA
O LUNS CELEBRAMOS O DÍA DA FAMILIA E OS NENOS, CO SEU GRAN AMOR, AGASALLARON AS SÚAS FAMILIAS CUN FERMOSO REGALO FEITO POR ELES.
QUEDOU PRECIOSO
jueves, 11 de mayo de 2017
LETRAS: CARTEL DO PROXECTO
ENTRE TODOS CONFECIONAMOS O TÍTULO DO NOSO NOVO PROXECTO PARA IR AMBIENTANDO O PASILLO E Ó MESMO TEMPO VER COMO SE ESCRIBE "CABALLITO DE MAR" E CONTAMOS TAMÉN CANTAS LETRAS TIÑA:
COMEZAMOS: OS CABALIÑOS DE MAR
QUERIDAS FAMILIAS, LEVASTES PARA A CASA ESTE LINDO CABALIÑO DE MAR. COMO XA SABEDES, CON ESTE HIPOCAMPO-NOTA QUEREMOS PEDIRVOS INFORMACIÓN, MATERIAL, CANCIONS, POESÍAS, MANUALIDADES, IDEAS... QUE POIDADES APORTAR.
MOITAS GRACIAS
PRIMAVERA EN DIRECTO
EN PARAMOS TEMOS A SORTE DE CONTAR CUN PATIO ESPECTACULAR ONDE OS NENOS VIVEN A PRIMAVERA EN DIRECTO, SEN NECESIDADE DE FACER FICHAS, NIN VELA EN DEBUXOS.
TEMOS DE TODO: CARACOIS, MARIQUITAS, ESCARABAJOS, PAXAROS, FLORES, FRESAS, HORTA, ÁRBORES...
PARA VER COMO BROTAN AS FOLLAS, OU COMO NACEN AS PLANTAS, COMER CEREIXAS ETC, SÓ TEMOS QUE SAÍR Ó PATIO.
SEN DÚBIDA, UNS NENOS CON SORTE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)