martes, 30 de junio de 2015
ADEUS Ó CURSO 2014-2015
O 19 DE XUÑO TIVEMOS O FESTIVAL DE FIN DE CURSO DE PARAMOS ONDE VIÑERON A COMPARTIR CONNOSCO O DÍA OS PAIS, NAIS E AVÓS.
PARA DESPEDIR ESTE CURSO REPRESENTAMOS A OBRA DE TEATRO: A MOSCA CHOSCA; RECITAMOS POESÍAS QUE APRENDIMOS Ó LONGO DE CURSO E CANTAMOS UNHA CANCIÓN.
TAMÉN VISIONAMOS UN VÍDEO DE DESPEDIDA E REPARTÍN A ORLA ÓS PEQUES QUE MARCHAN DA ESCOLA: ISAAC E LAURA.
BOTAMOS ALGUNHA QUE OUTRA LAGRIMILLA JE JE JE, PERO FOI UN FINAL DE CURSO EMOTIVO E MOI BONITO. SIMPLEMENTE XENIAL.
Ó REMATAR OS NENOS FIXERON BROCHETAS DE FRUTAS E PARA DESPEDIR ESTE CURSO FUMOS A UN PARQUE A XOGAR E COMIMOS TODOS XUNTOS. ALÍ CELEBRAMOS O CUMPLE DA PROFE, QUE SOPROU AS VELAS E DESPEDIMONOS: UNS PARA SEMPRE E OUTROS ATA SETEMBRO.
DENDE AQUÍ GRACIAS A TODOS/AS.
FIN DE CURSO: CHORROS DE VILANOVA
ANTES DE REMATAR O CURSO CELEBRAMOS TODO O CRA O FIN DE CURSO EN VILANOVA DA CERVEIRA.
ALÍ VISITAMOS UN MINI ACUARIO DONDE NOS SAÚDARON DÚAS SIMPÁTICAS NUTRIAS. TAMÉN MERENDARMOS TODOS XUNTOS E O MÁIS DIVERTIDO FOI QUE POIDEMOS DESFRUTAR DOS CHORROS DE AUGA FRESCA.
PASÁMOLO XENIAL.
miércoles, 17 de junio de 2015
FIN DO PROXECTO
CO REMATE DO CURSO REMATAMOS O NOSO PROXECTO, APARTE DE LEVAR PARA A CASA UNHAS XOANIÑAS DE PLASTILINA E O LIBRO RESUMEN DO QUE FUMOS APRENDENDO ELABORAMOS UNHA XOANIÑA GRANDE E UN PANEL RESUMO. TRABALLAMOS MOITO E TAMÉN APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS. FOI UN PROXECTO PRECIOSO
PARABÉNSSSS A TODOS
DURANTE ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS DE FESTA.
CELBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE TODOS OS NENOS QUE CUMPREN NO VERÁN: BORJA, LAURA, RENÉ, ÁNGELES, ISAAC E GABRIEL.
PASÁMOLO MOI BEN COMENDO ESAS TORTAS TAN RICAS E EN COMPAÑÍA DAS FAMILIAS.
FELICIDADES A TODOS.
XOANIÑAS CON PRATOS
UNHA DAS PROPOSTAS DOS NENOS ERA FACER XOANIÑAS CON PLATOS, COMA UNHA FOTO QUE TROUXO ALBA.
A SEMANA PASADA E POUCO A POUCO FIXEMOS UNHAS XOANIÑAS PRECIOSAS.
MIRADE QUE PRECIOSIDADE.
lunes, 8 de junio de 2015
IMOS DE MUIÑADA: FACEMOS PAN DE MILLO
EN PARAMOS RESTAURARON UNS MUIÑOS DE AUGA E O AVÓ DE BORJA PARTICIPOU NESTA REFORMA.
MANOLO, QUE ASÍ SE CHAMA, VEU POLA ESCOLA A PROPOÑERNOS VISITAR O MUIÑO E EU PROPÚXENLLE FACER PAN DE MILLO. MANOLO E A SÚA MULLER ÁNGELES SEN DUBIDALO ENCANTOULLES A IDEA E ORGANIZARON TODO PARA PASAR UN DÍA MARABILLOSO.
FOI UNHA AUTÉNTICA MUIÑADA: FUMOS CANTANDO POLO CAMIÑO; MANOLO TOCOU A GAITA; VISITAMOS O MUIÑO E VIMOS POR ONDE ENTRABA A AUGA, COMO MOVIA A PEDRA, LEVAMOS MILLO, MOÉMOLO, RECOLLEMOS A FARIÑA, MERENDAMOS Ó CARÓN DO MUIÑO E O MAIS DIVERTIDO MEZCLAR A FARIÑA CON AUGA, SAL E LEVADURA E FACER PAN.
OS AVÓS PORTÁRONSE TAN BEN QUE TAMÉN TROUXERON Á ESCOLA O FORNO ONDE POIDEMOS COCER O PAN E PROBALO CLARO.
ESTABA BOÍSIMO E CADA UN LEVOU PARA A SÚA CASA UN TROZO.
DENDE AQUÍ QUERO DAR AS GRACIAS A MANOLO E ÁNGELES E TAMÉN OS DEMAIS AVÓS E PAIS QUE COMPARTIRON CONNOSCO ESTE DÍA. SO PODO DICIR QUE A ACTIVIDADE FOI DE 10 E DAR MIL GRACIAS.
SOMOS XOANIÑAS: COMO NACEMOS?
ESTAMOS REMATANDO O PROXECTO, DESPOIS DE VER VARIOS VÍDEOS E VARIOS LIBROS DESCUBRIMOS COMO NACEN AS XOANIÑAS E FOI MOI SOORPRENDENTE VER QUE TAMÉN SOFREN DE TRANSFORMACIÓNS COMO AS BOLBORETAS.
PARA ENTENDELO MELLOR, VIVENCIÁMOLO E REPRESENTÁMOLO O CAL FOI MOI DIVERTIDO, SOBRETODO SE VIÑA "O PAXARO" OU AS "ARAÑAS" OU "FORMIGAS" A COMERNOS.MIRADE E APRENDEDE COMO NACEN AS XOANIÑAS:
- DURMEN DURANTE O INVERNO.
- LÁVANSE E COMEN MOITOS PULGÓNS.
- BUSCAN PARELLA.
- A FEMIA PON OS OVOS.
- NACE A LARVA E COMEN PULGÓNS.
- COME E PONSE MOI GORDA, DESPOIS BUSCA UN TALLO E QUÉDASE MOI QUIETA PARA A TRANSFORMACIÓN.
- SAE A XOANIÑA DE COR AMARELO SEN PUNTOS E ÁS POUCAS HORAS XA É UNHA XOANIÑA.
- ALGUNHAS MORREN DURANTE O PROCESO OU SON COMIDAS POR OUTROS ANIMAIS.
CON ESTA REPRESENTACIÓN ENTENDÉRONO XENIAL E POR RIBA PASARONO EN GRANDE.
MARIQUITAS VOLADORAS
UNHA DAS PROPOSTAS ERA FACER UNHA MARIQUITA COMO A QUE TROUXO E HUGO . DURANTE VARIOS DIAS FUMOS FACENDO POUCO A POUCO: PINTANDO O ROLLO DE PAPEL HIXIÉNICO, PINTANDO A FLOR DE CORES, POÑENDOLLE OLLOS, NARIZ E ANTENAS, FIXEMOS OS ÉLITROS E A PROFE PEGOU TODO. COMO PODEDES VER QUEDARON PRECIOSAS E OS ÉLITROS (QUE AGORA XA SABEMOS QUE SON O CAPARAZÓN QUE PROTEXEN AS ÁS) MÓVENSE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)