lunes, 8 de junio de 2015
IMOS DE MUIÑADA: FACEMOS PAN DE MILLO
EN PARAMOS RESTAURARON UNS MUIÑOS DE AUGA E O AVÓ DE BORJA PARTICIPOU NESTA REFORMA.
MANOLO, QUE ASÍ SE CHAMA, VEU POLA ESCOLA A PROPOÑERNOS VISITAR O MUIÑO E EU PROPÚXENLLE FACER PAN DE MILLO. MANOLO E A SÚA MULLER ÁNGELES SEN DUBIDALO ENCANTOULLES A IDEA E ORGANIZARON TODO PARA PASAR UN DÍA MARABILLOSO.
FOI UNHA AUTÉNTICA MUIÑADA: FUMOS CANTANDO POLO CAMIÑO; MANOLO TOCOU A GAITA; VISITAMOS O MUIÑO E VIMOS POR ONDE ENTRABA A AUGA, COMO MOVIA A PEDRA, LEVAMOS MILLO, MOÉMOLO, RECOLLEMOS A FARIÑA, MERENDAMOS Ó CARÓN DO MUIÑO E O MAIS DIVERTIDO MEZCLAR A FARIÑA CON AUGA, SAL E LEVADURA E FACER PAN.
OS AVÓS PORTÁRONSE TAN BEN QUE TAMÉN TROUXERON Á ESCOLA O FORNO ONDE POIDEMOS COCER O PAN E PROBALO CLARO.
ESTABA BOÍSIMO E CADA UN LEVOU PARA A SÚA CASA UN TROZO.
DENDE AQUÍ QUERO DAR AS GRACIAS A MANOLO E ÁNGELES E TAMÉN OS DEMAIS AVÓS E PAIS QUE COMPARTIRON CONNOSCO ESTE DÍA. SO PODO DICIR QUE A ACTIVIDADE FOI DE 10 E DAR MIL GRACIAS.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario